"Estaba cheo de sangue, non podía defenderse": a agonía de Samuel contada polos homes que o axudaron
Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye tentaron frear o ataque, pero os agresores perseguíronos e impedíronlles calquera tipo de auxilio, explicaron este venres no xuízo os dous veciños da Coruña de orixe senegalesa. Ibrahima Diack e Magatte N’Diaye tentaron frear o ataque, pero os agresores perseguíronos e impedíronlles calquera tipo de auxilio, explicaron este venres no xuízo os dous veciños da Coruña de orixe senegalesa
"Foi unha cazaría": os primeiros acusados detallan como morreu Samuel pero desmárcanse do crime
Sentan no banco da Audiencia da Coruña dous dos acusados, que se aferran á inocencai e inciden en que tentaron frear o ataque. Ambos apuntan a Diego Montaña como principal autor do crime: sinalan a súa actitude agreasiva e a súa ex-parella recoñece que a emprendeu contra a vítima ao berro de "maricón"
Control no móbil si, pero pedagoxía tamén: así é o plan contra o consumo de porno entre menores
A futura lei de protección ao menor en contornas dixitais limitará o acceso ao porno por "prexudicar o desenvolvemento físico, mental ou moral" dos nenos e adolescentes
Seis comités de crise e 50 feminicidios este ano. Dan resultado as súas medidas?
O Ministerio de Igualdade e as Comunidades Autónomas deseñaron ferramentas pensadas para dar resposta a casos moi particulares, pero os expertos propoñen unha mirada máis estrutural. "A situación é de emerxencia e as cifras son moi graves", recoñece a secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez
Un de cada cinco agresores machistas detectados en 2022 tiña antecedentes con outras parellas
Ante a repunta de asasinatos, Interior pon o foco nos agresores reincidentes que tenden a presentar "un patrón de comportamento machista" e unha "resposta violenta persistente no tempo". Ministro e forzas de seguridade crean unha "mesa de avaliación e seguimento" dos feminicidios mentres valoran a posibilidade de alertar as mulleres que denuncian se os agresores son reincidentes
A lei trans sae adiante no Congreso: "Repara unha débeda histórica do Estado"
A norma saíu adiante con 188 votos a prol, 150 en contra e sete abstencións, entre elas a de Carmen Calvo. Agora continúa trámite no Senado
Rebaixas de penas por abuso e agresión reabren o debate gobernamental e xurídico sobre a lei de liberdade sexual
Varios tribunais, entre eles o TSXG, revisan condenas contra delincuentes sexuais e os castigados coas penas no seu grao mínimo benefícianse da nova lexislación. Igualdade atribúe as decisións a unha feble formación de xuíces e fiscais e os seus socios de Goberno apostan por "estudar as sentenzas e o texto legal". Xuristas admiten que a nova lexislación xera dúbidas, pero tamén apostan por abordala dun xeito global e aplicar con maior precisión preceptos como o do consentimento