O lixo acumulado na Coruña no Entroido volve sinalar o sindicato de limpeza investigado
A alcaldesa, Inés Rey, cualifica de "folga encuberta" a actuación por parte do STL, hexemónico na representación laboral no servizo. Un preacordo coa empresa prevé a "regularización" da recollida tras máis de dez días de residuos amoreados en varios barrios.