O Supremo ratifica que o Pazo de Meirás é público pero tamén que o Estado debe indemnizar os Franco
O alto tribunal "confirma en todos os seus termos" a sentenza da Audiencia Provincial de hai cinco anos: os Franco deben devolver o inmoble pero tamén ser indemnizados "como posuidores de boa fe", un dereito no que é clave a inacción e desleixo da Administración central respecto das Torres durante moitos anos de democracia.