Martín Romero gaña o III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego
O xurado recoñeceu a obra Diarios do ilustrador, autor de cómics e director de animación nacido en Boiro. Ademais, outorgou un accésit con diploma, a Silver Andree (Adriana Soriano), pola súa obra Antología de un recuerdo. A entrega do premio terá lugar o venres 14 de agosto no Circo de Artesáns da Coruña, no marco das actividades da edición de verán de 2026 do Festival de autoedición e BD Autobán