Virginia Mato, Premio 'Ada Byron' polo seu traballo para promover vocacións tecnolóxicas nas rapazas
Enxeñeira, doutora e profesora na Facultade de Informática da UDC, o perfil investigador de Virginia Mato destaca especialmente no ámbito do procesado de imaxe médica. A través da cátedra interuniversitaria entre a UDC e a UVigo que codirixe, traballa para promover vocacións tecnolóxicas, rompendo estereotipos de xénero para que nenas e nenos poidan decidir o seu futuro profesional con información veraz e obxectiva.