
Homenaxe a Maruxa Seijas: a resistencia antifranquista das mulleres dos barrios populares
María do Carme Seijas fai 100 anos este sábado, unha celebración que coincide coa homenaxe, como Republicana de Honra, que lle rende a CRMH na Cea da República e que foi precedida por un acto institucional no Concello da Coruña. Veciña da Silva, a súa vida é tamén “a historia dun barrio que soubo manter a cabeza erguida mesmo nos momentos máis escuros”, destacou Inés Rey.