Os murais de Lugrís fican na rúa Olmos, onde serán protexidos e poderán ser visitados
O Concello da Coruña e Xunta acordan manter as pinturas no seu actual emprazamento -ante o alto custo e risco que suporía un traslado destas doce pinturas a outras dependencias- coa intención de abrir no futuro un espazo que poña en valor a obra do artista.