A Coruña: Inés Rey busca consolidarse na alcaldía á fronte da maioría dunha esquerda máis dividida
A actual rexedora confía en repetir no cargo liderando un PSdeG que aspira a superar o PP como forza máis votada nunhas eleccións que determinarán as opcións e necesidades de pacto dos socialistas. A confluencia municipalista acode agora dividida, con Podemos e EU fóra dunha Marea Atlántica que, ao igual que o BNG, agarda ser clave no futuro mandato.