A Coruña acolle o Eurovisión das cancións compostas por intelixencia artificial
A cidade herculina consolida a súa posición destacada no campo da IA despois de conseguir ser designada como sede da AESIA. O IA Song Contest celebrarase o 4 de novembro acompañado dunha xornada de debate. O proxecto gañador coñecerase nun programa de televisión en directo no que a cultura galega "estará moi presente".