"Sentín que tiña que contarme a miña propia historia"
Gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 do Ministerio de Cultura, Bea Lema creou El Cuerpo de Cristo como unha vía para reflexionar sobre a vida e a familia e logrou facelo de tal maneira que xa forma parte da historia da banda deseñada. A saúde mental, os coidados, os roles de xénero, a soidade da loucura, a reacción da sociedade co que non se considera 'normal', o amor dunha nai e a inocencia das crianzas configuran esta historia que se converterá nunha curtametraxe de animación.