Refuxiados de primeira, refuxiados de segunda: fuxir da guerra en Mali para acabar nun limbo na Coruña
Sete malienses, que chegaron a España fuxindo na guerra no seu país, esixen na Coruña a aceleración do trámite para a solicitude do dereito de asilo. Durante oito meses permaneceron agardando polo inicio do proceso, que chegou pouco despois de convocar unha rolda de prensa ante a Comisaría da cidade herculina