A RAG presenta a programación ao redor de Luísa Villalta para as Letras: "a súa voz insubornábel merece ser coñecida"
Os actos centrais do 17 de maio celebraranse na Coruña, onde a poeta naceu e viviu e á que dedicou moitos dos seus textos. Será un pleno extraordinario e público no que intervirán Ana Romaní, Margarita Ledo e Manuel Rivas. Nas vindeiras semanas a Academia publicará contidos para a rapazada e unha serie documental que afonda na figura e na obra da homenaxeada