Dependentas de Inditex rematan o peche de 72 horas na sede da empresa e chaman a unha folga nas tendas
As delegadas nas tendas da compañía nas tendas da provincia da Coruña iniciaran o pasado venres unha acción de protesta na sede central da compañía para pedir a reapertura da negociación provincial e denuncian que a multinacional opta por realizar unha negociación a nivel estatal para diluír a capacidade de presión das traballadoras galegas, máis mobilizadas.