- Datos
- Acontece
A criminalidade nas cidades e vilas galegas, moi por debaixo da media do Estado
Só Vilagarcía de Arousa tivo o pasado ano máis infraccións penais (medidas en delitos por habitante) que a media do Estado e no caso dos roubos e furtos, só Coruña supera (e por moi pouco) a media española. Nos delitos sexuais, si hai máis concellos galegos por riba da media: Santiago, Ponteareas, Ribeira, Vigo e Ourense. En todo caso, a maior parte das localidades de máis de 20.000 habitantes presentan unha taxa de criminalidade moi inferior aos datos doutros territorios.