Acontece
A Xunta corrixe con catro sindicatos o acordo educativo cun pacto que CIG-Ensino estuda denunciar
O acordo entre Educación e CCOO, UGT, ANPE e CSIF limítase a eliminar a cláusula que instaba a diferir a negociación para reducir horas lectivas ao momento na que se abordase a xornada de 35 horas para todo o persoal da Xunta. A central nacionalista valora "accións legais" contra a medida por "exceder" o ámbito do pacto.
Povisa cita a paciente que sobrepasaba a espera cirúrxica tras facerse público o seu caso
O Hospital Ribera Povisa púxose en contacto coa paciente da área sanitaria de Vigo que compartiu con Praza.gal a súa preocupación por sobrepasar o prazo para unha intervención cirúrxica coa máxima prioridade o mesmo día da publicación, ás nove da noite, por vía telefónica
Benestar escolar en Galicia: protección real ou “parche” burocrático?
Mónica Viqueira Fernández
A borrasca Leonardo deixa media Galicia sen tren e provoca máis de 350 incidencias
Renfe estende a suspensión de todos os seus servizos en Vigo ás conexións entre Ourense e Santiago polo paso dun temporal que provocou o corte de varias estradas, desvíos de voos e inundacións en vivendas.
"Na TVG queremos facer o noso traballo, pero non nos deixan. Se ergues a voz, castígante"
A piques de cumprirse 30 anos desde a súa chegada á televisión pública, a xornalista advirte da súa "crítica" situación actual e mais da "desafección" e o "desapego" que cara a ela percibe na sociedade galega. "Con Fraga traballabamos con moita máis liberdade; habendo censura e manipulación, non era tan descarada nin tan evidente", di quen asegura que lle "dá urticaria" escoitar a Feijóo denunciar manipulación na TVE.
A noite do silencio
Gonzalo Amoedo López
Entidades ecoloxistas piden máis protección nos ríos galegos para salmón, anguía e lamprea
Adega, AEMS-Ríos con Vida, Federación Ecoloxista Galega e Sociedade Galega de Historia Natural reclaman á Xunta a inclusión do salmón no catálogo galego de especies protexidas, e Adega alerta tamén da "situación crítica" de lamprea e anguía
Novo intento de instalar catro eólicos na Groba dous anos despois de invalidar os anteriores o seu impacto ambiental
O impacto crítico e o rexeitamento social a anteriores proxectos salvaron ata agora a única gran serra litoral galega sen aeroxeradores e que a Xunta vén evitando protexer como Rede Natura
Povisa incumpre o tempo de espera marcado polo Sergas para as cirurxías de máxima prioridade
Praza.gal tivo acceso á reclamación dunha paciente con Povisa como hospital de refrencia que leva 50 días agardando por unha intervención cirúrxica que "non admite unha demora superior a 30 días", segundo o criterio do Sergas
O Goberno de España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos
Pedro Sánchez anuncia a medida dentro dun paquete para aumentar o control das plataformas dixitais, que inclúe a tipificación como delito da manipulación dos algoritmos.
Nova derruba na casa natal de Carvalho Calero en Ferrol e sen rehabilitación á vista
O Concello decretou a emerxencia do inmoble co obxectivo de levar a cabo actuacións de urxencia para evitar novas derrubas. Porén, non está no horizonte a restauración integral da casa. O Goberno local argumenta que primeiro debe aprobarse o Plan Especial de Ferrol Vello, que tampouco semella que vaia ser unha realidade inmediata, pois aínda non chegou sequera a trámite de aprobación inicial.