A Xunta ordenou a unha empresa destruír 21.000 quilos de pota que eran aptos para consumo
O TSXG revoga unha sanción da Consellería de Sanidade baseada en análises insuficientes do produto pesqueiro
O TSXG revoga unha sanción da Consellería de Sanidade baseada en análises insuficientes do produto pesqueiro
A Fiscalía solicita unha pena de prisión de 1 ano e 8 meses para o acusado por un delito de odio polas mensaxes publicadas entre 2017 e 2018 nas que pide que se electrocuten os valados ou chama "monos" a inmigrantes. No seu escrito de acusación, o ministerio fiscal sinala que "o acusado era consciente de que as súas mensaxes se incorporaban a redes telemáticas con vocación de perpetuidade"
A Xunta mantén este domingo a alerta vermella por episodio de calor en 120 concellos, os situados nas zonas isoclimáticas do interior da Coruña, centro de Lugo, montaña de Lugo, sur de Lugo, montaña de Ourense e interior de Pontevedra
A proposición de Lei Lingua Vital, que se presentará en setembro, incluirá a derrogación do decreto de plurilingüismo, o recoñecemento do galego como lingua vehicular e de acollida en todos os niveis, o aproveitamento da lusofonía e chama a "blindar a oferta positiva na administración, xustiza e sanidade". “Incumprir o Plan de Normalizació non ten custes”, pero “incumprir a lei, si”, subliña Marcos Maceira, voceiro da plataforma.
Greenpeace publicou este xoves o informe Ciudades al rojo vivo, no que analiza a existencia destes espazos nas 50 capitais de provincia no Estado. Galicia carece deles, fronte ás redes que se están a poñer en marcha en Cataluña ou Euskadi. O documento destaca que "o norte xa non é un destino para escapar da calor" pois "durante os momentos de altas temperaturas de maio e xuño, as súas cidades destacaron polas constantes alertas vermellas sanitarias".
A sentenza describe con detalle sucesivas agresións sexuais do antigo parlamentario de AGE (2012-16) a unha menor coa que estableceu contacto como profesor no seu instituto. Alén da prisión e da indemnización xa pagada, a Audiencia imponlle 10 anos de liberdade vixiada e 19 de prohibición de achegarse á vítima ou acudir nin residir no mesmo concello ca ela
INE e Imelga volveron rexistrar en 2025 arredor de trescentas as mortes por suicidio, "un dos máis graves problemas de saúde pública que padecemos", vén advertindo o Movemento Galego pola Saúde Mental, coa segunda maior taxa do Estado. O Instituto de Medicina Legal de Galicia resalta que "a maior incidencia segue rexistrándose na poboación adulta maior de 50 anos", se ben é a principal causa de morte en idades mozas
O informe que todos os anos elabora Ecoloxistas en Acción pon o foco ademais na costa do Cabo Estai (Vigo) e Illa Pancha (Ribadeo), espazos todos afectados pola contaminación ou a mala xestión ambiental das costas. Nesta edición a organización ecoloxista puxo tamén o foco nas solucións e para iso, presentou a restauración ecolóxica da natureza como eixo central do informe.
Mozos e mozas do IES Salvador de Madariaga da Coruña, IES A Rodeira, en Cangas e IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizaron medio cento de entrevistas para un podcast co que afondaron como era a vida das mulleres da ditadura e a represión específica que sufriron. o proxecto Creación de Audios pola Memoria das Mulleres, está impulsado por Agareso.