Paralizado o desafiuzamento dunha refuxiada ucraína e os seus catro fillos na Coruña
O desaloxo foi adiado ata o vindeiro día 15, prazo no que o Concello buscará unha alternativa habitacional para a muller, que temía ser separada dos seus pequenos.
O desaloxo foi adiado ata o vindeiro día 15, prazo no que o Concello buscará unha alternativa habitacional para a muller, que temía ser separada dos seus pequenos.
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias admite que o fallo na infraestrutura "provocou a avaría" no tren Avlo. Cando o deron retirado das vías comezaron os labores de reparación, que se estenderon "toda a noite". Do Irixo a Santiago os trens xa circulan por vía dobre pero de Ourense ao Irixo aínda o teñen que facer por vía única, polo que Renfe estima demoras de cando menos 20 minutos en todos os servizos durante este xoves
Preto de 300.000 persoas sofren algún tipo de discapacidade en Galicia e máis de 165 mil reciben coidados, realizados na súa maior parte por familiares. Galicia é o territorio no que a contorna familiar se ocupa en maior medida deste traballo, chegando ata o 97,9% das horas de coidados. Un traballo invisible e non remunerado, que de pagarse chegaría aos cinco mil millóns de euros cada ano.
A traballadora rematou unha excedencia de coidado de menor e foi chamada pola empresa lucense na que estaba contratada como fixa-descontinua cando se atopaba de baixa e embarazada. A Inspección considerou o chamamento un intento de "simulación da relación laboral" e anulou a alta. O alto tribunal galego reverte a decisión para "evitar unha discriminación sexista directa"
A central sindical constata aulas con crianzas de 0 a 3 anos expostas a temperaturas superiores a 27 graos, urxe a instalación de aire acondicionado nos centros e a aprobación de "protocolos claros" ante a calor. Advirte de que denunciará na Inspección de Traballo "se os responsables dos centros non toman as medidas axeitadas"
Durante dúas semanas traballos coordinados polo grupo de investigación Histagra tentarán determinar a localización dunha das fosas da violencia franquista existentes no lugar. Sábese que como mínimo 18 persoas foron asasinadas e enterradas; de 13 coñécese o nome, apelidos e lugar de procedencia: A Coruña, Cambre ou Culleredo.
O membro da agrupación compostelá atopouse indisposto durante a intervención no encontro Corazón de Artesanía nunha xornada marcada polas altas temperaturas. "Non nos saen as palabras", "só unha inmensa tristeza para despedir ó noso compañeiro Pablo". "Gardaremos para sempre os case 20 anos de momentos compartidos, dentro e fóra do escenario", salientan dende Cantigas
O Tribunal Militar salienta, coa conformidade do condenado, que atentou contra a integridade dun subordinado e contra a disciplina "como elemento estrutural de cohesión" para que as Forzas Armadas cumpran o seu papel constitucional