Acontece
Algunha foto e algo arredor dela
Antonio Gregorio
- Reportaxe Escola pública
- Acontece Vigo
Ao cole con casco: "Os nenos e nenas do CEIP Altamar teñen os mesmos dereitos que os do resto de Vigo"
As crianzas desta escola viguesa acceden con casco para simbolizar a desprotección do centro. "Ao ver que comezaba outro curso e ninguén nos facía caso, seguían pasándose a pelota uns aos outros mentres a seguridade dos nenos e nenas corre perigo, decidimos facer ruído", di a presidenta da Anpa sobre a inacción da Xunta e do Concello de Vigo
- Interactivo
- Acontece
Galicia sumou tres mil piscinas privadas dende a fin da pandemia
Entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2024 o número de piscinas existentes en Galicia aumentou un 7,5%. En total hai 43.314. O Pereiro de Aguiar, con 105 piscinas por cada mil habitantes, é o concello galego con máis instalacións deste tipo en termos relativos, seguido de Amoeiro, Bergondo, Toén, Coles, Oia, Nigrán e Taboadela
Interior quere reducir de 0,5 a 0,2 a taxa de alcol en sangue ao volante 25 anos despois da anterior rebaixa
Ata 1999 estaba en 0,8 e agora o ministro, Fernando Grande-Marlaska, cre que "a sociedade está madura" para esta nova redución
- Datos
- Acontece
A soidade non desexada agudízase en Galicia nas cidades e entre a xente moza
Unha de cada cinco persoas séntense soas en Galicia e o 15% da poboación está nesa situación dende hai máis de dous anos, segundo un estudo do Observatorio Estatal da Soidade non Desexada. A poboación considera que as ONG son as entidades que máis fan por combater este problema, pero cren que a principal responsable debería ser a Xunta
A avaría de dous localizadores demorou atopar o avión de incendios estrelado en 2022 tras despegar de Doade con mal tempo
A investigación oficial atribúe a unha incorrecta valoración da meteoroloxía o accidente no que morreu o piloto da aeronave, que tardou máis de 48 horas en ser atopada nunha montaña de Porto, Zamora
Outra condena de 211.000 euros do TSXG, agora a unha empresa de créditos rápidos, por non ter teléfono gratuíto para o consumidor
O tribunal xa avalara hai uns meses unha multa similar a Bankinter por parte de Consumo da Xunta e agora fai o mesmo coa empresa de préstamos rápidos NBQ Technology
As redes sociais néganse a retirar o 70% dos contidos racistas reportados polo Ministerio de Inclusión
- Reportaxe
- Acontece
Frío, soidade e ganas de traballar: os días ao sol que non quenta de Mamadou, Amadou e Abudu
O Monte do Gozo, como Monterroso, Becerreá ou Mondariz, acolle dous centos de refuxiados chegados a Canarias en patera. Entre clases de castelán e paseos fan plans en Madrid, Barcelona ou no agro: "Se atopo calquera traballo, vou traballar no que sexa"
A meteoroloxía axuda cos incendios de Crecente e Entrimo, que suman 500 hectáreas, case como no que ía de ano
Os investigadores consideran que o incendio de Crecente, que obrigou a desaloxar vivendas e a activar a Unidade Militar de Emerxencias, foi intencionado
Desmantelada unha organización de explotación sexual de mulleres nun piso do centro da Coruña
Tres mulleres "en situación de vulnerabilidade" eran forzadas a prostituírense "as vinte e catro horas do día e os sete días da semana". A Policía mantén aberta a operación, na que a considerada "responsable" do piso e catro "encargadas" foron detidas