Acontece
A Xunta activa a prealerta por “escaseza moderada” de auga no sistema do río Lérez
A Oficina Técnica da Seca acordou adoptar esta medida ante o descenso do caudal circulante rexistrado na zona desde mediados de xullo, polo que se intensificará o seguimento da situación meteorolóxica e os niveis dos ríos, encoros e acuíferos. Os concellos afectados pola prealerta son Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, Marín, Meaño, Moraña, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
As emisións dos gases causantes do cambio climático en Galicia concéntranse no norte do país
A provincia da Coruña reúne o 51,7% das emisións brutas de gases causantes do cambio climático en Galicia. É a principal conclusión do informe As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro en Galicia (1990-2022), que vén de presentar o Observatorio Galego da Acción Climática a partir do inventario oficial de emisións divulgado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica
De autómatas, muíños e lonxevidade ourensá: a resistencia no rural reloce no Congreso SOPA
Baixo o título ‘A vida no centro’ o congreso que comeza o vindeiro luns en distintas sedes dos concellos dos Blancos, Muíños, Calvos de Randín e Baltar quere presentar un medio rural “luminoso” e con futuro, segundo detalla o historiador e co director Óscar Penín.
As liñas de tren galegas que non foron (pero que aínda poden ser)
Repasamos algúns dos proxectos históricos para a extensión da rede ferroviaria en Galicia, a maior parte nunca realizados, pero que nalgúns casos hoxe se volven poñer enriba da mesa, como a liña Santiago-Lugo ou A Coruña-Carballo. En 1889 a Sociedade de Amigos do País elaborou un completo documento que deseñaba unha rede capilar que levaba o tren a case todas as comarcas.
Un residente atado ou comida escasa: o TSXG confirma unha multa de 38.000 euros a unha residencia de maiores de Ourense
O centro impuxo unha medida de contención física non autorizada a un residente, servía comida insuficiente, non garantía a presenza física de persoal de enfermería as 24 horas e obstruíu a inspección da Xunta
Da saturación turística e dos fodechinchos
Xoán Antón Pérez-Lema
As obras da intermodal da Coruña afectarán aos trens con Santiago e Ferrol do 20 ao 24 de setembro, con desvíos en autobús
70 servizos veranse afectados e Renfe habilitará máis de 250 autobuses, microbuses e taxis
A Mesa do Audiovisual Galego considera que a nova lei dos medios públicos supón "un evidente paso atrás" na súa "independencia"
Advirten que non se contou con "ningunha" das organizacións profesionais galegas representativas do sector audiovisual para a elaboración do anteproxecto de lei presentado pola Xunta o 29 de xullo e solicitan unha reunión "urxente" con Rueda
"Inútil", "analfabeta", "voute canear": condena por acoso laboral nun Gadis
Condenada a encargada dun supermercado de Gadis a 20 meses de cárcere por acoso laboral e lesións psíquicas contra dúas traballadoras ás que "descualificou" e "ridiculizou" de maneira "sistemática". A sentenza, á que tivo acceso Praza.gal, considera probado que a empresa coñecía os feitos e que non actuou para modificar a situación de acoso, polo que resulta condenada como responsable civil subsidiaria
Comeza en Visantoña, Mesía, a exhumación de dous guerrilleiros caídos en 1952
José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto morreron nun enfrontamento coa Garda Civil e foron soterrados nunha foxa común
Alarmas no fogar e dubidosos seguros contra as ocupacións: un xigantesco negocio coas taxas de delito á baixa
As conexións de alerta nos fogares disparáronse nos últimos tres anos mentres os roubos con forza en domicilio baixan