Acontece
As ordes de protección a vítimas de violencia machista aumentaron un 17% en Galicia no verán
O número de denuncias por violencia de xénero entre xullo e setembro foi case o mesmo que no mesmo período de 2022, pero as 1.856 supoñen a cifra máis alta nun trimestre.
- Datos
- Acontece
A poboación das cidades galegas achégase ao nivel anterior á pandemia cunha gran suba no ano 2022
2022 marcou un punto de inflexión. Fronte ás caídas experimentadas pola poboación das cidades en 2020 e 2021, o pasado ano as urbes rexistraron importantes subas coas que case recuperaron as cifras perdidas nos dous anos precedentes.
- Datos
- Acontece
Máis da metade da enerxía xerada en Galicia depende aínda do petróleo importado
Tres cuartas partes dos recursos enerxéticos transformados no país para obter electricidade, combustíbeis ou calor proceden de terceiros países, moitos deles situados no Sur Global, e de fontes fósiles, segundo un informe de Ogacli e Greenpeace.
A batalla polo relato na transición enerxética
Júlio Conde
A Xunta defende a súa educación dixital “de primeirísimo nivel” fronte ás dúbidas de familias e docentes
Román Rodríguez recoñece que están a percibir a preocupación “dalgunhas familias” sobre o programa educativo dixital da Xunta, denominado E-Dixgal, mais o defende como unha ferramenta de primeirísimo nivel que conta co recoñecemento do conxunto da comunidade educativa.
- Datos Escola pública
- Acontece
Máis do 9% do profesorado do ensino público en Galicia é interino
Un estudo de CIG-Ensino a partir dos datos de Educación debulla a situación dos máis de 30.000 docentes. A central sindical tirará destas cifras para reclamar á Xunta unha oferta de emprego público coas prazas necesarias "para reducir a taxa de interinidade total por baixo do 5%".
Nove entidades sociais viguesas reclaman a Xunta e Concello medidas para garantir o acceso á vivenda
As entidades demandan o incremento progresivo do parque mínimo de vivenda destinado a políticas sociais, incluído o alugueiro social, e un calendario para acadar a media europea do 15% de vivenda social do parque municipal de vivendas en Vigo. Reclaman tamén ao concello que solicite á Xunta a aplicación do control de prezos de alugueiros en zonas tensionadas
Das diferenzas humanas
Antonio Gregorio
As emisións de contaminantes atmosféricos aumentaron en 2021 en Galicia e afastan o obxectivo fixado pola Xunta para 2030
O Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) presentou esta semana o informe As emisións de contaminantes atmosféricos en Galicia (1990-2021), que alerta dun aumento das emisións, especialmente das ligadas ao transporte
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
As familias rebélanse contra a educación dixital: “Non ensina nada novo, é un pdf na pantalla”
Está na orde do día das últimas reunións de multitude de Anpas galegas e circulan vía online e presencial formularios para sumarse ao movemento. O obxectivo, eliminar o programa E-Dixgal dos seus centros educativos. Ante esta rebelión espontánea que agromou, na Confederación de Anpas galegas piden calma e preparan unha xornada con persoas expertas que poidan avaliar o programa educativo da Xunta e, en consecuencia, postularse a favor ou na contra.
A oficialidade do galego na UE xa ten prezo: 44 millóns anuais que España se compromete a pagar
Trátase dunha estimación preliminar realizado pola Comisión Europea a partir dunha petición do Goberno español e calculada a partir da inclusión do gaélico como lingua oficial e de traballo dende a petición realizada por Irlanda en 2007. Máis aló do custo económico, varios países seguen a expresar receos e dúbidas polo incremento de 24 a 27 do número de idiomas.