Afunde unha ponte da estrada Ourense-Trives na que a Xunta acometía obras de estabilización
O itinerario alternativo habilitado supón un desvío de algo máis de dous quilómetros e uns 5 minutos
O itinerario alternativo habilitado supón un desvío de algo máis de dous quilómetros e uns 5 minutos
As dificultades económicas para poñer a calefacción chegan ao 21,5% da poboación, segundo a Enquisa de Condicións de Vida que vén de actualizar o INE e segundo a cal o risco de pobreza ou exclusión ascende ata o 25,5% no noso país, case dous puntos máis que un ano antes malia seguir por baixo da media estatal
O líder do PSdeG asistiu este sábado no Panteón de Galegos Ilustres ao acto central da AELG polo Día de Rosalía. O socialista criticou voto do PP en contra do uso do galego no Senado, que dá continuidade á súa oposición no Congreso e no Parlamento Europeo
O monumento, instalado no barrio de Canido, preto da tapia do cemiterio onde moitos foron fusilados, recolle os nomes de preto de mil persoas executadas polo fascismo nos meses seguintes ao Golpe de Estado de 1936 e durante a ditadura. O multitudinario acto contou coa presenza de familiares e de edís das comarca de Ferrol, Ortegal e Eume.
O número de núcleos deshabitados practicamente se duplicou entre o ano 2000 (1.236) e o ano 2022 (2.130), cun ascenso continuado sen excepcións. Porén, en 2023 a cifra pasou de 2.130 a 2.107, un descenso de máis de 20 aldeas, que pasaron a ter poboación.
As cifras do rexistro de animais de compañía da Xunta (REGIAC) indican que o número de animais identificados legalmente se sitúa xa por riba dos 740 mil. Fronte á maior visibilidade que teñen nas cidades, os datos amosan que nas zonas urbanas seguen a ter moitos menos animais en relación ao seu número de habitantes e, sobre todo, aos nenos e nenas residentes.
O forte incremento da poboación galega en 2022 e 2023 leva a cifra total ao seu máximo dende 2016. O número de persoas nacidas fóra do Estado español rolda o 11,2% e supera o 21% no grupo de idade entre 25 e 35 anos.
A empresa, que operaba en Redondela sen licenza e incumprindo ordes de paralización, provocou "graves perturbacións do repouso e descanso, estrés, malestar, ansiedade e diminución do rendemento laboral e intelectual" dos veciños