Propoñen unha homenaxe a Joám Facal, que traballou "para que a casa de todos sexa mellor"
Un artigo de Santiago Lago Peñas reclamando unha celebración colectiva de tributo ao enxeñeiro, economista e político foi continuado por outro de Lourenzo Fernández Prieto que tamén avogaba por unha homenaxe aínda en fase de proposta e aberta á incorporación de ideas e persoas para o seu deseño e organización.