Acontece
Construcuatro pediu que lle perdoasen 1,8 millóns de multa por sobreprezos en vivendas protexidas e o TSXG denégao
A construtora foi sancionada con 2,5 millóns por cobros ilegais a compradores cando Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, era un dos socios, e tras ratificar o Supremo a multa pediu non pagar o 75%, pero a xustiza rexéitao
A contaminación de Altri atinxiría do Ulla á ría de Arousa e arriscaría a dispoñibilidade de auga potable
O impacto da instalación de Altri en Palas de Rei poría en risco o acceso a auga potable nos concellos da zona ata os da ría de Arousa, sobre todo no verán. "A auga é o recurso que ten valor", salienta Rubén Lois, catedrático de Análise Xeográfica na Universidade de Santiago de Compostela
Pacientes de oncoloxía do CHUS denuncian "ata oito meses" de demora nas revisións: "Sentímonos abandonadas"
Os protocolos fixan revisións cada tres ou catro meses durante os primeiros cinco anos tras o tratamento do cancro, lembra a Asociación de Pacientes do Clínico de Santiago, que vén de trasladar a queixa á Valedora do Pobo. O hospital admite os atrasos, que atribúe a "reaxustes de persoal" que obrigan, din, a "priorizar o inicio de tratamento de novos doentes"
- Entrevista | Víctor Sampedro
- Acontece
"Os bulos son unha arma que emprega a dereita para conservar os seus privilexios nun tempo de incerteza e crise"
No vixésimo aniversario do atentato de Atocha, Víctor Sampedro publica Voces del 11M. Víctimas de la Mentira, no que conversa con vítimas, xornalistas e policías que sufriron os efectos das mentiras do Goberno de Aznar e as posteriores teorías da conspiración.
- Reportaxe
- Acontece
Facer 40 anos en 2024: a "estabilidade inestable" dunha xeración
Unha ducia de voluntarias e voluntarios comparte con Praza.gal como chega ao seu 40 aniversario no contexto actual. Non ter unha vivenda en propiedade ou o coidado dos pais e nais que ven vir preocupa moito a estas persoas, que na súa maioría vive de alugueiro. O ritmo biolóxico non descansa e a maternidade afecta principalmente as mulleres en 2024, aínda que compartan os fillos coas súas parellas. De equilibrios para chegar a fin de mes a unha deriva de consumo masivo, así están as que naceron en 1984
A familia é un accidente
Llerena Perozo Porteiro
A xira de Altri pola Ulloa na defensa da súa fábrica principia e queda suspendida entre protestas
A compañía portuguesa defende ante veciñanza da Ulloa que devolverá auga ao río en condicións "excelentes" ou que non propiciará novas plantacións de eucalipto, pero tamén admite que aínda non ten os terreos e supedita a instalación á obtención de fondos públicos. Ulloa Viva pon o foco nos riscos ambientais e socioeconómicos da "macrocelulosa". A dirección do BNG subliña a súa oposición a unha "bomba ambiental" que "parte dunha mentira" e o PSdeG de Palas fai público o seu "non" por razóns ambientais e porque "pon en risco a viabilidade dos sectores tractores da nosa comarca"
Asasinato machista en Ribeira
A Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero confirma o caso como o primeiro asasinato machista en Galicia de 2024. O Ministerio de Igualdade informa de que "existían denuncias previas por violencia de xénero contra o presunto agresor por parte doutra parella".
20 anos da ilusión de Karpin e outra sentenza en contra do Barrio do Cura
Complexa. Esta é a palabra que máis empregan desde o Concello de Vigo para referirse ao proxecto de rehabilitación do Barrio do Cura. Foi un xogador de fútbol, Valery Karpin, o primeiro impulsor da actuación en plena zona vella de Vigo hai máis de 20 anos. Mais, tras esgotar cartos e paciencia, o proxecto cambiou de mans. Hoxe en día pertence a un fondo americano. As primeiras licenzas foron outorgadas a finais de 2023 e unha xuíza vén de anular o proxecto de urbanización.
Longas tramitacións e falta de prazas residenciais, principais eivas da atención á dependencia en Galicia
En 2021 o Ministerio de Dereitos Sociais aprobou un Plan de Choque cun importante aumento do financiamento estatal ao Sistema de Atención á Dependencia. A medida conseguiu un importante aumento do número de persoas atendidas e das condicións deste servizo, pero algunhas comunidades autónomas reduciron a súa achega aproveitando o maior investivento do Goberno central
Avalancha de rexistros para 'legalizar' as galiñas da casa: unha obriga de hai tres anos á que Galicia chega tarde
Milleiros de persoas enchen nas últimas semanas as oficinas de Medio Rural para rexistrar os seus galiñeiros de autoconsumo e cumprir así cun real decreto de 2021 cuxos requisitos son agora criticados pola Xunta, que volve sinalar o Estado e denuncia o exceso de burocracia.