Acontece
O 'modo galego', "blindado" para a rapazada de Ames ata 2026
A RAG e o Concello amesán estenden ata o curso 25-26 a colaboración para aplicar o proxecto tras o "moi positivo" proxecto piloto que incluíu, entre outras actividades, unha experiencia de inmersión lingüística en galego para tres mil nenas e nenos
Un home tutelado pola Xunta mata a irmá que o atendía
A familia revela que avisara "insistentemente á Xunta" de que o home, con problemas de saúde mental, "non estaba ben" nos últimos días, nos que amosaba máis "agresividade". A irmá, septuaxenaria e con problemas de mobilidade, leváballe cartos e comida- A Funga, entidade pública responsable da tutela de persoas adultas, acumula evidencias de eivas no seu funcionamento, moitas delas reflectidas en ditames xudiciais
Sancións para quen teña máis lista de espera nos centros de saúde: Sanidade imputa ao persoal a súa "deficiente" xestión
Persoal de medicina de familia, pediatría e enfermaría dos centros de saúde coas axendas cheas e, polo tanto, máis de catro días de demora para consultas, está a ser penalizado polo Sergas con rebaixas salariais e o que cre "infravaloración" do seu traballo. "Estannos trasladando unha responsabilidade que é deles, é de xestión", asegura o médico de Familia da Coruña Ramón Veras
Fálase | Da anestesia política galega ao doutor Slump
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición
Os mitos do proxecto Altri en Palas de Rei
Xerardo Pereiro
Casos non comunicados nin investigados e acusación de parcialidade á Fiscalía: a reticencia da Igrexa galega ante os abusos
El País revela un documento interno da Conferencia Episcopal con detalles dos casos de abuso analizados pola Igrexa, que non sempre coinciden cos datos que transmitiu ao Defensor del Pueblo
Dez temas para leres se desconectaches esta Semana Santa
Levas varios días sen ler un xornal? Nos tempos festivos ás veces parece que o mundo se detén, pero dende logo seguen a pasar cousas e nós seguimos a contalas. Se desconectaches da actualidade estes últimos días ofrecémosche aquí unha peneira de novas, entrevistas e reportaxes para recuperares e leres de vagar. Son dez informacións que seguirán dando que falar no futuro e que che agrupamos aquí para que sexa máis doado chegar a elas.
Na metade dos concellos sobre os que hai datos os alugueiros encareceron máis dun 15% en cinco anos
A web do Ministerio de Vivenda inclúe información sobre a evolución do prezo mediano dos alugueiros en máis da metade dos concellos galegos, uns datos tirados da explotación da estatística tributaria e que amosan que a suba non só se limita ás cidades e áreas metropolitanas
As leis, para quen as traballa
Antonio Gregorio
O número de agresións sexuais con penetración duplicouse nos últimos cinco anos en Galicia
En 2023 rexistráronse 201 violacións, fronte ás 155 do ano anterior e as menos de cen que se producían anualmente antes de 2019. Vigo, con 36, foi a cidade con máis casos. O resto de delitos contra a liberdade sexual tamén aumenta de maneira importante e xa superan os 800.
Onde se xoga en Galicia: un bar con comecartos por cada 370 persoas
En Galicia hai máis de 7.000 bares con máquinas de xogo e máis de mil locais específicos como administracións de lotaría, tendas de apostas, casinos ou bingos. Esta é a xeografía do xogo no país, á que seguirá outra análise sobre canto perde cada galego.