A seca e o colapso do carbón disparan a produción e o impacto climático das centrais de ciclo combinado en Galicia
A das Pontes é a industria que máis gases de efecto invernadoiro produciu no país en 2022. A baixada na produción hidroeléctrica e a parálise no desenvolvemento das renovables axudaron a que xeración de electricidade con gas fósil nestas instalacións medrase o 37% o pasado ano.