Nós Televisión chega a seis novas operadoras e xa está dispoñible nas principais plataformas galegas
A canle, que xa se podía ver a través de R, chega a un acordo con +Media. Dende agora os usuarios e usuarias de ToxoTelecom, A Túa Xanela, Juifi, Pizpireta, Rural Galego Conectado ou Gigalia poden acceder á cadea, que está a celebrar o seu décimo aniversario.