Acontece
Correos admite o risco por falta de hixiene nas súas oficinas e as limpadoras manteñen a folga
As traballadoras, ás que a concesionaria debe dous meses de soldo, deciden seguir co paro indefinido iniciado hai máis dun mes. Sindicatos acusan a empresa estatal de "ocultar" á Inspección a situación de insalubridade dos seus centros.
Unha cara harmónica
Antonio Gregorio
Oito de cada dez colexios concertados en Galicia cobra ás familias cotas prohibidas por lei
A metade destes centros impón pagos obrigatorios que están vetados pola lexislación ou exclúe o alumnado que non os abona, segundo un informe sobre a escola privada con concertos, aos que a Xunta destina 317 millóns de euros ao ano.
Saúde social
Llerena Perozo Porteiro
Impagos, folga e lixo acumulado nas oficinas: o novo contrato de limpeza provoca o caos en Correos
Limpadoras e empregados de Correos sinalan a compañía estatal por contratar para o servizo unha "empresa pirata" que debe varios salarios a máis de 300 traballadoras en Galicia que seguen en folga indefinida. O paro provoca a falta de hixiene e insalubridade en varios centros que xa foi denunciada en Inspección de Traballo.
A revolución das nais chega ao Parlamento: cesáreas con acompañante en todos os hospitais do Sergas
As nais cansaron de queixarse e comezaron a organizarse para mudar o establecido. Agrupadas na Plataforma Loita, conseguiran mellorar o protocolo do parto por cesárea en Pontevedra e Santiago este verán. Agora a súa causa ten o aval do Parlamento.
Política Social abre expediente ao persoal que denunciou a filtración das datas de inspección ás residencias
A Consellería chama a declarar aos inspectores na súa sede para "determinar as posibles responsabilidades que xustifiquen a iniciación dun procedemento disciplinario" contra eles.
Cinco anos de voces graves. A exposición da Plataforma Pensionistas Compostela
Paco Castro
Un ataque informático deixou expostos datos persoais e documentos do rexistro de mascotas da Xunta
Enderezos, teléfonos, documentos de identidade ou pólizas de seguro das persoas propietarias de animais de compaña con chip son parte da información que puido verse afectada, segundo os servizos informáticos do Goberno galego
"Crueldade extrema" e "fonda animadversión á homosexualidade": a Fiscalía pide de 22 a 27 anos polo asasinato de Samuel Luiz
O escrito di que os catro homes e a muller acusados actuaron en grupo xunto cos dous menores xa condenados e que "eran conscientes de que coa duración e persistencia dos golpes podían ocasionar a morte"
O gasto da Xunta en políticas sociais baixou do 66% ao 63% do orzamento dende o regreso do PP ao poder
Aínda que o investimento medrou en termos absolutos e por habitante, fíxoo en menor contía que outras partidas das contas anuais da Administración galega. No conxunto do Estado a diminución foi mesmo máis importante: do 67% ao 59%. O gasto en educación en Galicia aumentou apenas un 9,9%, fronte ao 19,4% da media española.