O envellecemento dos médicos non frea: Galicia é a cuarta comunidade con menos profesionais con menos de 55 anos
A metade dos e das colexiadas teñen máis de 55 anos, o que significa que ao redor de 5 mil médicas e médicos se atopan moi próximos á súa xubilación en Galicia e deberán ser substituídos por profesionais máis novos na vindeira década.