Acontece
Control no móbil si, pero pedagoxía tamén: así é o plan contra o consumo de porno entre menores
A futura lei de protección ao menor en contornas dixitais limitará o acceso ao porno por "prexudicar o desenvolvemento físico, mental ou moral" dos nenos e adolescentes
Os incendios queimaron o 12% da Rede Natura e o 25% dos parques naturais na última década
O Parque Natural da Baixa Limia-Xurés rexistrou máis de 180 incendios nos últimos dez anos, e tamén era espazo protexido pola Rede Natura boa parte do queimado no maior incendio do que hai datos precisos, o do Courel de 2022
Ourense busca nunha 'Escola de Calor' refuxios climáticos para resistir a suba das temperaturas
Investigadores da USC e da Universidade de Toulouse analizarán a partir deste luns modos de adaptación dos territorios e das formas de vida ao aumento das temperaturas derivadas da mudanza climática, nunhas xornadas abertas á participación da cidadanía cun programa de actividades orientadas "á imaxinación colectiva dunha cidade en proceso de adaptación á calor". Falamos co seu coordinador, Brais Estévez.
Turismo e marxinalidade
Antonio Gregorio
- Reportaxe
- Acontece
Os partos xa non son rendibles para a sanidade privada: das complicacións á negativa dos profesionais pola carga de responsabilidade
O 1 de xaneiro deste ano o hospital privado HM Rosaleda de Santiago de Compostela deixou de atender partos e o vindeiro 30 de xuño fará o mesmo o centro privado Ribera Povisa de Vigo, onde tamén cesou a súa actividade nesta área a clínica Pintado. Antes, rematou este servizo na sanidade privada tanto nas cidades de Lugo e Ourense como en Pontevedra. As empresas tras estes hospitais alegan motivos económicos como base da toma de decisións, tanto pola diminución no número de mulleres que dan a luz en Galicia e a dispoñibilidade de persoal que implica a atención dun nacemento como polas responsabilidades posteriores ante as complicacións que poidan existir
- Reportaxe
- Acontece Pontevedra
A Ría, un tesouro en perigo
A actividade das mariscadoras viuse paralizada debido á alta taxa de mortalidade dalgunhas especies de marisco. A situación é unha das grandes preocupacións da veciñanza e induce á reflexión: está en perigo a nosa ría? Unha reportaxe elaborada por estudantes do Club Ecoloxista do IES de Poio
- Datos
- Acontece
A inmigración do exterior no rural equilibra a marcha de poboación nova ás zonas urbanas
A metade dos concellos galegos perde poboación -especialmente menores de 35 anos- que marcha a outras localidades na Galicia urbana. Porén, a chegada de inmigrantes do exterior compensa estas saídas, levando o saldo migratorio da maioría do país a cifra positivas, taménte entre a poboación nova.
A espera de consultas especializadas dispárase en Ourense, con 3.000 persoas agardando máis dun ano para rehabilitación
Se a media de espera xeral en toda Galicia é de 73 días, dez máis que medio ano antes, no CHUO é do dobre, 141 días, 24 máis que no anterior balance
De Elisa e Marcela e Blanco Amor ata o presente: unha 'memoria diversa' para falar dos 'sexilios' sufridos na historia
O espazo NORMAL da Universidade da Coruña acolle este venres e sábado a terceira edición do congreso A Memoria Diversa, organizado desde Igualdade de Xénero da Deputación. Ailén Kendelman, Gena Baamonde, Antón Lopo, Éric Dopazo, Eva Mejuto, Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz, Daniela Ferrández, Roman Efrenov, Fefa Vila, Bob Pop, Ares Piñeiro ou Nee Barros afondarán nos exilios "no tempo e no espazo" motivados pola discriminación das persoas homosexuais, bisexuais ou transexuais.
- Entrevista | Luis Bassat
- Acontece Pontevedra
“Méntese igual na publicidade ca na política”
A campaña “El nunca o faría” contra o abandono dos animais, o “gustirrinín” das coitelas Filomatic que relataba Miguel Gila nos anos 60, o “chup, chup, Avecrem”, ou mesmo o anuncio contra o tabaco que protagonizaba Johann Cruyff xa nos 90 saíron da cabeza de Luis Bassat (Barcelona, 1941). Recoñecido no sector como o “mellor publicista español do século XX” Bassat quixo tamén ser presidente do Barça mais non o conseguiu, algo que, a día de hoxe prodúcelle certo “alivio”, segundo relata, posto que se pode dedicar á súa Fundación, a escribir libros ou a dar conferencias. Este xoves, 30 de maio, inaugura o congreso Fluor de comunicación dixital, que se celebra en Pontevedra.
Audasa reclamou danos por un accidente na AP-9 como se o seu asfalto fose máis novo do que era
A concesionaria da autoestrada demandou á aseguradora dun vehículo sinistrado 5.000 euros máis do que lle correspondía pola reparación da vía