Acontece
- 🏳️🌈
- Acontece
"Non é unha decisión, é o que somos": un Orgullo pola igualdade e o respecto fronte ás agresións
A maioría do alumnado e do profesorado que participou na enquisa do proxecto Xeración Contrainfo, da ONGD Agareso, a asociación galega de comunicación para o cambio social, considera que o trans "está de moda". "Que ganas de ir o colexio e sufrir agresións, saír á rúa e sufrir agresións e nas redes sociais tamén agresións. Non é unha moda", asegura Nathan Esmorís desde Arelas. Neste Día do Orgullo, para a asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia preocupa o aumento das agresións verbais e físicas cara ao colectivo
- Datos
- Acontece
Caídas, afogamentos e suicidios triplican os accidentes de tráfico como causa de morte en Galicia
En tres décadas, as mortes en accidente de tráfico pasaron de máis de 600 anuais a menos de 150 mentres os falecementos por suicidio seguen arredor dos 300 por ano. As defuncións derivadas de caídas accidentais tenden a incrementarse e son máis de 300 anuais, con especial incidencia entre maiores de 75 anos
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
O número de pisos turísticos dispárase no litoral e no centro das cidades galegas
O número de establecementos rexistrados legalmente na Xunta (23.772 na actualidade) duplicouse nos últimos tres anos, pero fíxoo sobre todo en cidades como Vigo e A Coruña e vilas como Monforte, Moaña, Viveiro, Burela ou Cambados
O 35% das persoas que solicitaron a eutanasia en Galicia morreron antes de que se resolvese o procedemento
Dende a entrada en vigor da lei, hai hoxe tres anos, o número de solicitudes para recibir a prestación de axuda para morrer (PAM) en Galicia foi de 75 (10 no ano 2021, 28 no ano 2022 e 37 no ano 2023). A asociación DMD critica a “excesiva duración” do procedemento
As escolas infantís privadas subvencionadas deixarán de dar prazas por orde de chegada no curso 25-26
A gratuidade na matrícula das escolas infantís que a Xunta aplica dende o curso 22-23 suprimiu as cotas nos centros públicos, pero tamén creou de facto unha nova rede concertada sen criterios de acceso económicos ou sociais para asignar as prazas. Dende o curso 25-26, no que as prazas subvencionadas suporán 45,7 millóns de euros, os centros privados terán que aplicar baremos que prioricen as familias monoparentais, as nais e pais que traballan ou as crianzas con irmáns ou irmás na mesma escola
Cruce de acusacións entre o Sergas e un hospital privado de Ourense, condenados por un mozo que perdeu un testículo
A xustiza reprocha ao Centro Médico El Carmen ao que foi de urxencia o afectado que o desviase ao CHUO sen facerlle ningunha proba, e ao hospital público que non o vise un urólogo, "cuxa presencia non resultaría extravagante ás dez da mañá dun luns"
A flota rusa de petroleiros na sombra dispara o risco dun novo Prestige
Só no mes de maio, 213 petroleiros pantasma pasaron fronte as costas europeas. Un 25% ten máis de 20 anos e moitos deles carecen de seguro e incluso de transpondedor ou localizador.
- Reportaxe
- Acontece
Os profesionais da xustiza gratuíta, ao límite: "a xente non se decata da importancia deste servizo ata que o ten que utilizar"
Os avogados e avogadas que emprestan a quenda de oficio e outros servizos xurídicos gratuítos comezaron a mobilizarse a finais do ano 2023 en demanda de dereitos laborais e retribucións dignas. Ante a negativa da Xunta a negociar, nos últimos meses intensificaron as protestas e comezaron a darse de baixa. "Non podemos prestar o servizo forzadas e perdendo diñeiro, por moita vocación que teñamos", din.
Pontevedra busca coñecer polo miúdo a situación da vivenda no concello, dende os pisos turísticos aos inmobles baleiros
O Concello encargará "proximamente" un detallado estudo sobre os inmobles baleiros susceptibles de ser alugados ou vendidos, a situación das vivendas de uso turístico e tamén co obxectivo de "contar coa información máis precisa para decidir a necesidade ou non da declaración de zonas de mercado tensionado".
- Entrevista | Francisco Prieto, arcebispo
- Acontece
"Cáritas ten que seguir denunciando que non hai suficiente dignidade nin reparto da riqueza"
Francisco Prieto tomou posesión hai un ano como arcebispo de Santiago e fala do uso do galego na Igrexa, da súa relación co poder civil, a mocidade, o Xacobeo ou os abusos sexuais
O tráfico de Vigo e A Coruña elevou os niveis de contaminación por riba do novo límite legal
O Informe estatal de calidade do aire, elaborado por Ecoloxistas en Acción, conclúe que o pasado ano 740.000 persoas estiveron expostas en Galicia a uns niveis que exceden os novos límites aprobados para 2030 polo Parlamento Europeo. A entidade critica que a maioría das cidades galegas aínda non implantaran as obrigadas zonas de baixas emisións e que a aprobada na Coruña sexa "anecdótica".