Acontece
Menores migrantes acollidos en Galicia: poucos e co traballo como prioridade
A Xunta confirmou o acollemento de 26 menores migrantes chegados do colapsado sistema de protección de Canarias. Achegámonos á súa realidade alén da controversia política puntual coa axuda de Deibe Fernández Simo, que acumula dúas décadas de experiencia no acompañamento destes mozos e mozas como educador social, mais tamén como investigador na materia. O "peor inimigo" dos menores migrantes e o maior aliado do odio é a "ignorancia" sobre a súa realidade, advirte
As anpas de Lugo alertan de agrupamentos de alumnado de cursos distintos por riba das ratios acordadas
Sinalan que en oito centros da provincia a Consellaría de Educación xuntou na mesma aula alumnado de varios niveis dando lugar a grupos por riba dos máximos fixados por administración e sindicatos, o que prexudica a estudantes e profesorado. A Xunta nega que se produzan incumprimentos da norma.
Alerta profesional sobre as condicións "insalubres" en pisos alugados a estudantes
As ringleiras de mozas e mozos á procura de piso regresan nun contexto no que o dereito á vivenda vai gañando espazo no debate público. O Colexio Oficial de Administradores de Inmobles de Galicia evidencia que "moitos pisos que se alugan a estudantes" non teñen as "condicións mínimas de habitabilidade" e recomenda pedir "sempre" copia do contrato e do depósito da fianza no IGVS mentres lembra que o estudantado ten os "mesmos dereitos que calquera arrendatario", así como obrigas como as referentes aos ruídos nocturnos
A calidade dos servizos sociais en Galicia empeorou o pasado ano, cun gasto inferior á media e "dereitos de papel"
A Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais describe a situación en Galicia como "un sistema ben ordenado" pero cunha "relevancia económica débil e unha cobertura reducida de prestacións e servizos".
Baixas e vacacións sen cubrir elevan o número de concellos sen pediatra por riba dos 200
Este sábado a deputada ourensá do PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta achegouse a un deses centros de saúde nos que non se están a cubrir as vacantes ou directamente non contan con pediatra, o do Pereiro de Aguiar, unha localidade en crecemento preto de Ourense na que 800 nenos e nenas teñen que desprazarse fóra para seren atendidos malia as promesas da Xunta.
O Grove únese ao debate sobre a aplicación dunha taxa turística, que reclama para soster a prestación de servizos públicos
O alcalde, o socialista José Cacabelos, lembra que leva "anos" solicitando a implantación dunha taxa para "crear novos ingresos que axuden ao financiamento dos concellos para recibir da mellor maneira ao turista”. “Necesitamos falar da taxa turística, precisamos que se abra unha mesa onde esteamos os concellos cunha certa relevancia turística e comezar a falar seriamente desta cuestión”, afirmou
O buque máis moderno de Salvamento Marítimo honra as catro 'Heroínas de Sálvora' que rescataron 56 persoas nas súas dornas
En 1921 catro mozas ribeirenses salvaron de morrer afogados a 56 dos pasaxeiros do vapor Santa Isabel que chocara contra unhas rochas na illa de Sálvora. Este venres presentouse nas Palmas o novo buque do Salvamento Marítimo, bautizado como Heroínas de Sálvora, en homenaxe ás catro mozas coa presenza do ministro de Transportes, Óscar Puente, e do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral
- Datos
- Acontece
Galicia 2039: o mesmo número de habitantes, pero máis vellos e con orixes máis diversas
O INE prevé que Galicia manteña dentro de 15 anos o mesmo número de habitantes que na actualidade, despois dun ascenso sostido ata o 2030, no que comezaría un novo descenso. Segundo a proxección, en 2039, o 19% da poboación galega terá orixe no estranxeiro, haberá máis nacementos que na actualidade, pero menos inmigración.
Down Galicia demostra na Xustiza que a Xunta discrimina estudantes con discapacidade nas axudas para libros
O TSXG dá a razón á entidade no seu recurso contra a orde de Educación que concede as axudas máximas para libros de texto ao alumnado con discapacidade matriculado en centros e unidades de educación especial, pero non ao que acode a aulas ordinarias. "Non se atopa xustificación razoable para conceder as axudas prioritariamente a quen reciba educación en centros específicos ou en unidades de educación especial de centros ordinarios", di a sentenza
Proxecto Altri e asma bronquial
Grupo de Saúde da Plataforma Ulloa Viva
Aldeas vivas: un banco de casas, terras e negocios para unha nova vida na montaña lucense
O proxecto, impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais, procura "dar resposta á necesidade de vivendas, locais e terras de alugueiro para asentamento de novos poboadores". O sitio web nace con diversas ofertas inmobiliarias e laborais e pon no foco tanto a poboación de orixe galega como "na integración da poboación migrante"