ADEGA critica a "irracional" aposta da Xunta pola caza do lobo, principal depredador do xabarín
"Onde hai lobo, non manda xabarín", lembra a entidade, que destaca que as zonas nas que o Goberno galego non decretou a emerxencia cinexética que permite cazar xabaríns sen límite coinciden coas de maior presenza de mandas de lobos.