Acontece
O Supremo condena a 4 anos á ex-tesoureira de Audasa por apropiarse de 1,2 millóns de euros
A muller transfería cartos á súa propia conta identificando como supostas beneficiarias a empresas coas que a concesionaria facía habitualmente negocios
O dereito ao conflito intelectual. Neutralidade, cancelación e crise do debate na escola
María Loureiro
A crise climática non se detén: a temperatura da auga do mar en Galicia bateu récords en maio
Todas as boias de Puertos del Estado na costa galega rexistraron neste 2026 a súa máxima temperatura histórica para este mes. As de Punta Lagosteira e Estaca de Bares rexistraron case 20º nun dos días máis cálidos.
A Coruña e Vigo, chamadas a manifestarse contra a crise da vivenda
En Vigo a Alianza pola Vivenda pide mobilizarse o venres 5 ás 20.30 e na Coruña a marcha convocada pola Plataforma Polo Dereito á Vivenda e o Sindicato de Barrio da Falperra terá lugar o sábado 6 ás 12 horas. As dúas mobilizacións esixen das administracións medidas para abaratar os alugueiros, limitar a especulación, incrementar o número de inmobles públicos ou o control dos pisos turísticos.
Mil médicos novos máis que hai tres anos, pero a profesión segue avellentada en Galicia
O pasado ano continuou a tendencia, iniciada hai uns anos, de incremento do número de médicos e médicas menores de 35 anos, que ten como consecuencia un progresivo (aínda que lento) rexuvenecemento do conxunto do persoal médico colexiado en Galicia, que é o cuarto de maior idade no Estado
Planificación estratéxica e táctica para o monte galego versus xestión improvisada e inacción
Santos Gabriel Areas Ruiz
A propiedade en man común como vangarda da Galicia sustentábel
Xoán Antón Pérez-Lema
Á espera dos vindeiros récords de temperatura: a síndrome da ra posta a ferver
A síndrome da ra fervida ten sido empregada como metáfora para alertar da incapacidade dos seres humanos ou das sociedades de percibir un perigo que non é súbito senón que medra gradualmente. Coma o cambio climático e o quencemento global. A temperatura media en Galicia nos últimos anos foi a máis alta dende que hai rexistros, máis dun grao por riba da media do período 1980-2010 e case dous graos máis que os valores máis habituais nas décadas dos 70 e 80 do pasado século.
O tren de Andrés Dobarro descarrila en Vialia: Crónica dunha fe sen saldo
Gonzalo Amoedo López
Oito mil nacionalizacións nun ano en Galicia antes da regularización, o 80% dende Latinoamérica
Trátase dunha cifra en aumento pero que fica moi por detrás doutras comunidades, mesmo de varios territorios con menos poboación. O pasado ano houbo máis nacionalizacións de mulleres (4.881) que de homes (3.463) case a metade foron de persoas entre os 25 e os 45 anos.
O auxe do testamento solidario en Galicia: cada vez máis persoas deixan parte da herdanza a unha ONG
"A achega que que fago a unha entidade non afecta case nada aos meus herdeiros, pero é un legado solidario e de orgullo que pode servir como exemplo", explica Carlos Fernández, un dos case cen galegos que no último lustro apostaron por esta fórmula para doar parte do patrimonio a unha causa social.