- Datos
- Acontece
A 'cidade dos 15 minutos', unha utopía para o rural galego
A maior parte da poboación galega dispón dos servizos básicos a menos de 15 minutos a pé, coa única excepción das estacións de tren. Porén, a realidade é moi distinta nos concellos de menos de 10.000 habitantes, onde as porcentaxes caen bruscamente e, en ocasións, nin sequera o vehículo privado (e moito menos o transporte público) permite igualar estes tempos.