Máis de 74 hectáreas da Casa Grande de Xanceda son xa espazo natural protexido
A Xunta declara as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro, dentro dos terreos da granxa ecolóxica, como Espazo Privado de Interese Natural, o primeiro da provincia da Coruña.
A Xunta declara as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro, dentro dos terreos da granxa ecolóxica, como Espazo Privado de Interese Natural, o primeiro da provincia da Coruña.
A substitución do carbón fai que a planta de gas fósil que Endesa ten nas Pontes sexa xa a segunda instalación galega con maiores emisións de CO2, só por debaixo do complexo de Alcoa na Mariña.
Docentes recollen sinaturas e protestan pola substitución desta optativa por Patrimonio e Sociedade de Galicia e alertan dos "prexuízos" na "aprendizaxe sobre a identidade territorial e histórica de Galicia". "Son coñecementos troncais que non poden substituírse por sucedáneos", advirten
Na súa proposta inicial a xuíza fixara o 20 de setembro como data de comezo, pero agora salienta que “a pesar da súa complexidade” o xuízo “carece de preferencia sobre outros sinalados con anterioridade”
Unha sentenza do TSXG reafirma un ditame anterior que establecía que os condicionantes aplicados polo Goberno local "son conforme a dereito" ao tratarse dunha actividade económica e non residencial e que buscan protexer o dereito á vivenda. A cidade conta con 290 vivendas de uso turístico, case tres veces máis que no 2019
O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol destacan que a elección "recoñece a especial relevancia que os medios cobran nunha situación de guerra como a de Ucraína". Ademais, quixeron facer unha mención especial á situación de Pablo González, encarcerado por Polonia dende hai dous meses por exercer o seu traballo como xornalista
A materia relixiosa perde forza no currículo escolar coa nova lei educativa despois de que a 'lei Wert' detivese a constante caída no número de escolares que optaban por ela na ESO e no Bacharelato. Terá menos carga lectiva e e a súa nota non será tida en conta na cualificación media. A proporción de estudantes que a escolle en Galicia está un chisco por riba da media do Estado en todas as etapas e rolda do 60% en global
A pesar de que o Ingreso Mínimo Vital leva dous anos en vigor, o Goberno galego aínda non realizou a necesaria actualización da norma para facilitar a coexistencia das dúas prestacións. Nos últimos meses a Xunta esixiu a varias persoas beneficiarias da RISGA que devolvesen os cartos cobrados, unhas reclamacións anuladas pola xustiza.
O 1 de xaneiro había 2.689.152 empadroadas nos concellos do país, o que deixa o dato no seu nivel máis baixo dende 1972. Na actualidade viven en Galicia 108.000 persoas menos que no ano 2010.
A porcentaxe de ocupación de camas de hospitalización convencional con pacientes COVID (8%) supera por primeira vez á das UCI dende que hai datos comparables. Con arredor de 600 persoas ingresadas con test positivo, o groso do incremento da hospitalización nas últimas semanas concentrouse nas camas convencionais, con apenas 15 persoas na UCI
A entidade critica a redacción do impreso para o rexistro do Testamento Vital, que "induce á confusión e mobiliza o temor á morte por acción médica". Nos últimos meses o colectivo xa denunciara os atrasos na aplicación da lei en Galicia ou a falta de formación dos profesionais