Acontece
Galicia tremeu: o terremoto de magnitude 4,6 convértese no maior movemento sísmico no país dende 1997
O tremor, que foi acompañado doutros de menor intensidade, sentiuse no Barbanza, no Salnés, a Costa da Morte e tamén en Pontevedra e Compostela. O epicentro estivo situado na Costa Atlántica, a uns 30 quilómetros de Ribeira.
Un xulgado de Santiago autoriza unha nai a vacinar á súa filla contra a COVID fronte á negativa do pai
O xuíz conclúe que a "única perspectiva a ponderar" é a "maior protección da menor" e autoriza a vacinala porque "os beneficios" son "superiores" aos eventuais riscos. A incidencia acumulada da COVID descende actualmente en todos os grupos de idade en Galicia agás en menores de 12 anos e as primeiras doses da vacina pediátrica chegan xa ao 80% das nenas e nenos de 5 a 11 anos
Un barco da Armada que en 2019 abordou e afundiu un pesqueiro en Vigo incumpriu normas e non contestou aos controladores
A investigación oficial pide á Armada unha auditoría do seu buque Intermares tras non poder entrevistar ao oficial de garda no momento do choque co pesqueiro Romo Dos, cuxos dous tripulantes foron rescatados ilesos
As persoas que reciben rendas de inclusión da Xunta diminuíron no primeiro ano da pandemia malia aumentar o número de pobres
Este "desmantelamento das rendas mínimas" levouse a cabo "coa coartada do Ingreso Mínimo Vital", denuncia a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, que acusa a Galicia e outras comunidades de "facer caixa en lugar de orientar o orzamento á garantía do dereito á inserción reforzando os servizos sociais para a loita contra a exclusión"
Rematado o centenario de Paulo Freire
Manuel Dios
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta suprime o veto nocturno a reunións de non conviventes e dá por superado o pico da sexta vaga da COVID
Hostalería, pubs e discotecas recuperan o horario previo ás restricións de decembro e o servizo de barra e a Xunta mantén o uso estendido do certificado COVID. Os concertos e outros eventos con público en pé volven estar permitidos. Sanidade sinala que, "cada vez con máis frecuencia", boa parte das persoas hospitalizadas coa COVID, que actualmente roldan as 600, ingresaran a causa doutra patoloxía ou por unha operación programada
- Datos Coronavirus
- Acontece
A OMS ultima a "fin da emerxencia" pola COVID en Europa e advirte de tarefas "urxentes" noutras doenzas e no resto do mundo
A equidade no acceso ás vacinas e aos antivirais, a "protección dos grupos de alto risco con máscaras de alta calidade e distancia física" cando xurdan novas variantes e o "testeo dirixido" son, para a Organización Mundial da Saúde, clave nunha nova fase na que coida que xa "non cumprirá" retomar as restricións máis duras. A incidencia a 7 días cae con claridade en todas as áreas sanitarias galegas e as 638 hospitalizacións son 36 máis que hai unha semana. Os pacientes co coronavirus nas UCI galegas seguen sendo arredor de medio cento e a OMS subliña que "a maior parte" de pacientes COVID na UCI en Europa "están sen vacinar"
- Entrevista | Fátima Nercellas Pola sanidade pública
- Acontece Santiago
A médica sancionada por atender os doentes dos corredores do CHUS: "A atención ao paciente está por riba dos protocolos"'
O Sergas propón sancionar a Fátima Nercellas con 17 días sen emprego e soldo por dúas faltas graves, ao incumprir os protocolos internos de actuación. A doutora, que presentará alegacións contra o castigo, recibiu o apoio dos seus compañeiros do servizo de Urxencias, que reafirman que "o criterio médico debe primar"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas supera os 300.000 rexistros de persoas que superaron a COVID mentres a sexta vaga decae
Un terzo dos casos acumulados en toda a pandemia en Galicia rexistráronse en 2022, cadrando coa contabilización dos positivos mediante autotest. A incidencia acumulada a 7 días xa cae con claridade e as persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus seguen roldando as 600, cifra semellante á do outono de 2020, cando aínda non comezara a vacinación e a incidencia era dez veces inferior á actual
A baixa natalidade e a caída da inmigración levan a poboación de Galicia ao seu mínimo en 50 anos
O primeiro semestre de 2021 rexistrou a cifra de nacementos máis baixa dende que hai rexistros. A poboación de Galicia cae ata os 2.691.213 habitantes, a máis reducida dende 1972
Consumo, recursos, servizo
Antonio Gregorio