Acontece
O 90% da poboación galega maior de 12 anos ten xa cando menos unha dose da vacina contra a COVID
A vacinación da mocidade entre 12 e 19 anos acada ao 72% e achega o obxectivo de que a gran maioría do estudantado de secundaria inicie o curso escolar coa pauta completa.
Liquar o sexo (II): Menores
Lupe Ces
A Xunta decide permitir en 198 concellos a caza de xabaríns "sen límite de exemplares", todos os días e sen autorización previa
A 'emerxencia cinexética temporal' entra en vigor este venres en 29 comarcas galegas e estenderase ata o 27 de febreiro de 2022. Nos terreos cinexéticos destes concellos as batidas deberán ser comunicadas con 10 días de antelación. O Goberno galego afirma que busca combater os danos á agricultura, os accidentes de tráfico e a expansión da peste porcina africana.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID nas áreas de Lugo e Santiago segue á alza por mor dos gromos de Monforte, Ordes e Melide
A situación continúa a mellorar nas áreas sanitaria de Vigo, A Coruña e Pontevedra, pero o empeoramento que se rexistra en varios concellos do interior leva a un estancamento nas cifras globais galegas.
Galicia suma 13.312 vivendas turísticas legais, un 35% máis que antes do inicio da pandemia de COVID
O rexistro da Xunta recolle un incremento constante dende hai catro anos, que se mantivo estable no último ano. Os pisos turísticos rexistrados suman case 71 mil prazas, fronte ás 57 mil dos hoteis. Os concellos litorais e os situados no Camiño de Santiago son os que teñen unha maior densidade destes establecementos
A negativa do Reino Unido a aceptar test de antíxenos en galego impide voar a numerosos emigrantes
Varias familias quedan en terra ao intentaren viaxar a Londres, onde a lexislación británica esixe a proba en inglés, castelán ou francés. Afectados demandan máis información e tino coa validación dos documentos por parte de compañías e farmacias.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Descende o número de pacientes COVID nos hospitais galegos, mentres a incidencia acumulada estabilízase
O peores efectos da quinta vaga da pandemia comezan a remitir, despois de deixar 109 mortes dende o 15 de xullo. Os novos contaxios aumentan nas áreas sanitarias de Lugo e Santiago e estáncanse en Ourense e Ferrol, reducíndose nas áreas da Coruña, Vigo e Pontevedra
Por qué non temos Médicxs?
Xosé Mª Dios Diz
Medio cento de persoas traballan para o rastrexo de COVID do Sergas desde fóra de Galicia
Das 650 persoas que fan o rastrexo da COVID para o Sergas, 50 traballan desde fóra de Galicia, logo de que a empresa non cubrise as vacantes ofrecidas. Universal Support, que aínda presta o servizo de rastrexo, impugnou a adxudicación do novo sistema a Extel, que presentou unha oferta máis barata
Menos chegadas do estranxeiro, mellora do saldo co resto do Estado e movementos das cidades cara ao rural: os efectos da COVID nas migracións
A pandemia empeorou o saldo migratorio de Galicia, ao reducir moito a chegada de poboación estranxeira. Porén, incrementou as entradas (ou o retorno) de persoas anteriormente empadroadas noutas comunidades. Ademais, a COVID favoreceu o traslado de poboación dende as cidades a concellos da súa contorna e mesmo a localidades da Galicia rural
Fabricantes de coches e os concesionarios propoñen a instalación en Galicia de 16.400 puntos de recarga eléctrica para vehículos
A Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC) e a patronal dos concesionarios (Faconauto) piden que no 2023 os actuais 330 puntos de recarga galegos aumenten ata os 3.155, chegando a 16.426 no ano 2030.