Acontece
- Con vídeo
- Acontece
Canadá suspende a busca dos desaparecidos do Villa de Pitanxo con doce tripulantes desaparecidos
As autoridades canadenses conclúen que xa non hai posibilidade ningunha de atopar con vida máis tripulantes do barco naufragado tras 36 horas de procura. Os tres barcos que trasladan os tres sobreviventes e os 9 corpos que si foron atopados chegan este xoves ao porto de Saint John, na illa de Terranova
Fálase | Os abusos na Igrexa e investigalo "todo"
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal analizamos o contraste entre o discurso do arcebispado de Santiago sobre a investigación de abusos sexuais na Igrexa e as retesías que amosa ao respecto o Goberno galego, botando man da hemeroteca e tamén das posturas máis recentes dos principais grupos políticos do país. Tamén nos achegamos a VINTE, con "Ana come pan" e moita música
- Entrevista | Isabel Calvete Escola pública
- Acontece
"Temos que deixar de considerar os nenos e nenas como números: son o futuro deste país"
Navia de Suarna acolle o sábado 19 as III Xornadas de Anpas Galegas no rural. Falamos con Isabel Calvete, vicepresidenta de Anpas Galegas, que reclama "un plan educativo específico para o rural, adaptado ao territorio e atractivo para a xente"
- Con vídeo
- Acontece
A peor traxedia no mar para Galicia desde 2000, cando os afundimentos do 'Zafir' e o 'Arosa' sumaron 19 mortes
Naquel ano coincidiron os accidentes do cargueiro portugués no Xónico no que 10 dos seus 13 tripulantes falecidos eran galegos e do pesqueiro de Bueu no Gran Sol, no que tamén o eran 9 dos seus 12 mortos, pero desta volta un único sinistro pode igualar a aqueles dous
Un pesqueiro con base en Marín naufraga en Terranova e son rescatados tres dos seus 24 tripulantes
Xa foron recuperados os corpos de 9 tripulantes por pesqueiros galegos e portugueses e os servizos de rescate do Canadá. A alerta do Villa de Pitanxo recibiuse ás 5:24 da madrugada do martes -hora galega- e descoñécense polo momento as causas do sinistro
A Asociación de Pediatría propón retirar as máscaras nas aulas desde finais de febreiro
O colectivo estatal de pediatras suxire a retirada das máscaras de protección fronte a COVID no interior das aulas de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato de maneira progresiva desde finais de febreiro e ata principios do mes de maio
- Datos Coronavirus
- Acontece
A caída da incidencia da COVID acelera en Galicia mentres as mortes de persoas co virus aínda aumentan
É habitual que o 'pico' da mortalidade chegue semanas despois do de incidencia. Actualmente Galicia rexistra unha media a 7 días dunhas 8 mortes de persoas co virus, menos dun terzo das que rexistraba hai un ano, cando a vacinación apenas comezara. As 653 persoas con test positivo da COVID ingresada nos hospitais galegos ás seis da tarde do luns eran 48 menos que unha semana antes.
A denuncia dos presos políticos da ditadura polos símbolos franquistas en dependencias militares de Galicia chega á Fiscalía do Supremo
O Fiscal Superior de Galicia deriva o asunto a esta instancia, competente na materia. O colectivo denuncia a existencia en espazos dependentes do Ministerio de Defensa de 23 elementos que incumpren a Lei de Memoria Histórica, dende escudos a nomes de rúas. A maior parte están en Ferrol, pero hainos tamén na Coruña e Compostela
Marín, Moaña, Cangas, o Condado e Baixo Miño: o deterioro da Atención Primaria multiplica as mobilizacións no sur do país
Este domingo estaban convocadas manifestacións simultáneas en Marín, Moaña e Cangas para alertar da falta de persoal sanitario, aínda que finalmente a chuvia obrigou a aprazalas. A de Marín terá lugar o vindeiro domingo 20. Estas mobilizacións únense ás que dende comezos de ano se veñen realizando no Rosal, Tomiño, Tui, A Guarda ou Ponteareas, nunha área sanitaria de Vigo que sofre os maiores problemas.
Das Tanxugueiras a Alcoa, pasando por Galicia
Antonio Gregorio
Fálase | Bancos pechados e o exemplo vital de Rafael Pillado
O segundo episodio de Fálase céntrase nos datos que acreditan que Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974 e repasa as orixes de parte do problema, coa fusión das desaparecidas grandes caixas galegas. Tamén escoitamos as reflexións de Rafael Pillado, veterano traballador e sindicalista do naval ferrolán que vén de revelar que padece un cancro provocado polos anos en que tivo que manipular amianto.