Fálase | Trinta anos en Terranova e Feijóo a Madrid
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal damos contexto ao tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo coa axuda dun mariñeiro veterano de Terranova e analizamos o impacto en Galicia da crise interna do PP, comezando polas diferenzas coa renuncia de Feijóo en 2018 a liderar o partido e seguindo polo mapa político que se abrirá en Galicia se o actual presidente renuncia de vez. Conducido por David Lombao.