- Datos Coronavirus
- Acontece
A poboación con pauta completa de vacina da COVID achégase aos dous terzos e a incidencia xa apunta ao descenso
A campaña de vacinación en Galicia está completada ao 70,5% e o 64% da poboación ten a pauta completa tras a administración doutras 26.000 doses, a maioría a persoas dos grupos 20-29 e 30-39 anos. O Sergas segue notificando máis de mil casos novos ao día, pero as incidencias acumuladas a 14 e 7 días apuntan ao descenso tras máis de dúas semanas reducindo o seu ritmo de incremento