Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
A ocupación nas UCI segue sen aumentar en Galicia, a pesar da elevada incidencia da COVID
Galicia suma 53 camas ocupadas por pacientes COVID nas unidades de críticos. A cifra mantense estable dende mediados do mes de decembro, movéndose sempre ao redor das 50, cun máximo de 56. O aumento da incidencia semella estar estabilizándose, pero segue a superar máximos, sobre todo entre a mocidade
O Sergas substitúe o groso das chamadas a contactos de positivos COVID por un cuestionario mediante SMS
Os novos protocolos de Sanidade dan por inaugurada a fase de "mitigación" da pandemia e poñen fin á supervisión e rastrexo de casos tal e como se concibía ata agora. Nun contexto de forte saturación da Atención Primaria, a Xunta sinala o teléfono 881 540 045 como vía prioritaria para a declaración de síntomas ou de positivos achados mediante autotest
A saturación na Atención Primaria leva ao Sergas a anular toda a actividade non urxente en 14 centros da área sanitaria de Vigo
A Xunta xustifica a medida na "situación actual de crecemento explosivo do número de contaxios COVID" e na previsión de que estes sigan a aumentar. Porén, persoal médico lembra que os problemas nos centros veñen de atrás e que durante anos non se adoptaron medidas para evitar situacións de colapso. "Parécenos triste adoptar agora medidas de marzo de 2020, con todo o tempo que houbo para destinar recursos", din.
'Casa de veciñanza': vivenda e servizos comunitarios para poder envellecer na propia vila
A Escola de Arquitectura da UDC presenta á Deputación de Lugo os resultados do proxecto arquitectónico e xerontolóxico que propón converter a antiga Escola Habanera e mais a reitoral de Roupar nun complexo comunitario para maiores da contorna, un "prototipo" que "pode ser útil ao conxunto de Galicia"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta suprime os test da COVID a contactos estreitos de positivos se non teñen síntomas e están vacinados
Os novos cambios no protocolo indican que aos "contactos estreitos asintomáticos en vixilancia non se lles realizará" un test "agás en ámbitos de vulnerabilidade". Na mesma xornada, o Consello Interterritorial tamén mudou as súas normas para recortar seguimentos e rastrexos e ratificar a redución das corentenas. En xaneiro de 2021, con menos da metade da actual incidencia acumulada, Galicia chegara a superar as 1.400 hospitalizacións simultáneas de persoas coa COVID. Na actualidade son menos de 400
Do 10 de xaneiro ao 10 de maio sen tren: Adif e Renfe aumentan a catro meses o corte da liña Monforte-Lugo para mellorala
A renovación integral da liña entre Ourense e Lugo por 546 millóns de euros obriga a interromper xa o tráfico no treito máis setentrional que irá seguido máis adiante doutro corte similar pero aínda non concretado entre Monforte e Ourense
- Datos Coronavirus
- Acontece
O efecto da ómicron chega aos hospitais galegos, con 64 pacientes máis con COVID en tres días, pero aínda non ás UCI
Nas unidades de críticos o número de camas ocupadas por persoas cunha proba positiva en COVID-19 mantense estable dende hai 15 días. A cifra de ingresos hospitalarios mantense -grazas á vacinación- en niveis moito máis baixos que o pasado mes de xaneiro, a pesar de que a cantidade de casos detectados é máis do dobre.
Reabre o aeroporto de Vigo tras máis de dous días inoperativo por unha fochanca na pista
Aena pide que se consulte coas compañías aéreas o estado de cada voo xa que a normalidade de saídas e chegadas aínda podería tardar en recuperarse por completo
- Datos
- Acontece
Aninovo deixa un aumento na hospitalización e moderación nos novos positivos por COVID, á espera do efecto da fin de semana
Haberá que agardar aos próximos días para analizar correctamente a habitual distorsión das tendencias durante as fins de semana, nesta co engadido das celebracións de fin de ano
Aena traballa para reabrir Peinador “a partir do luns” tras estar inactivo desde o venres por unha fochanca na pista
Varias ducias de voos están a verse afectados, con cancelacións e desvíos a Santiago
A coreografía dos envoltorios
Diego Giráldez