Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
Así se disparou a quinta onda da pandemia en Galicia: o número de casos detectados cuadriplicouse nas últimas dúas semanas
A escalada levou a incidencia acumulada a 14 días de 85 casos por cada 100.000 habitantes o pasado domingo aos 170 actuais. A cidade de Ourense triplica a media galega e tamén o Salnés rexistra valores moi elevados. A taxa de positividade supera o 5% por primeira vez dende o mes de febreiro. A repunta nos contaxios comeza a producir un aumento nas hospitalizacións
Nubes no horizonte da praia privada en dominio público do río Miño en Lugo
O Club Fluvial de Lugo remóntase a 1935 e dende 1998 gozou dunha concesión á beira do Miño que tenta renovar sen éxito dende 2018. A Confederación Hidrográfica volveulla denegar neste 2021 por interromper o dominio público con instalacións como piscinas ou valados. A denegación é aplaudida dende o movemento ecoloxista e acollida con gran contrariedade nun Club que conserva gran influencia social e mesmo política
O protocolo COVID no ensino para o vindeiro curso relaxa as medidas de seguridade e recorta os reforzos de persoal
O alumnado poderá compartir o material, elimínase a posibilidade do ensino semipresencial no Bacharelato e permítese que os grupos de convivencia estable interaccionen con outros grupos do mesmo curso, sobre todo ao aire libre. Porén, CIG-Ensino denuncia que "haberá menos persoal" e que se eliminan a maior parte dos desdobres e reducións de ratios.
Canadá, 50º C. Ribadeo, frío
Antonio Gregorio
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma 655 novos positivos de COVID nun só día, o maior incremento dende o 11 de febreiro
Na última semana detectáronse en Galicia 2.602 casos novos de coronavirus, fronte aos 1.332 da semana anterior. A cidade de Ourense rexistra a maior incidencia, que se disparou nos últimos días, mentres que A Illa de Arousa é o concello con máis contaxios por habitante.
- Datos Coronavirus
- Acontece
As persoas menores de 40 anos sofren o 75% dos casos de COVID e case o 40% das hospitalizacións
A morte na Coruña dunha muller de 38 anos con COVID pon o foco nos perigos da pandemia para as xeracións novas, aínda sen vacinar. Representan a maior parte dos casos detectados e tamén unha parte moi importante dos ingresos hospitalarios, mesmo nas UCI.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera a metade da poboación coa vacinación completa contra a COVID no día con máis casos rexistrados dende febreiro
Nos días de febreiro cun número semellante de casos novos ao actual, en Galicia puxéranse apenas 125.000 doses de vacinas e este venres superáronse os 3 millóns. A maior incidencia segue na área de Pontevedra-O Salnés, pero a peor evolución e agora a de Ourense mentres continúa a concentración dos novos casos entre a poboación máis moza, a aínda non incorporada á vacinación masiva
A xuíza envía a prisión a tres dos acusados do asasinato de Samuel por risco de fuga e destrución de probas
A xuíza considera que estas catro persoas poden ser autoras dun delito de "homicidio ou asasinato", o cal será definido no transcurso da instrución. A cuarta imputada maior de idade queda en liberdade, pero con obriga de comparecer no xulgado. A decisión foi adoptada escasas horas despois de dúas novas detencións, de dous varóns menores de idade, aos que a Policía considera tamén autores do crime
Prohibir o botellón para privatizar o ocio
Iago Codesido
Cando 'limpar' o monte destrúe o ecosistema das matogueiras e favorece os incendios
O Movemento Ecoloxista da Limia denuncia os desbroces incontrolados e innecesarios de mato nas terras altas desa comarca, financiados con cartos públicos coa excusa de previr a acción do lume. Porén, subliñan que o efecto é exactamente o contrario e que ademais provoca outros efectos negativos, por exemplo na apicultura
Quen atende a saúde mental en Galicia?
Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS