Acontece
No corazón do rastrexo da COVID para o Sergas: cando unha peza clave do sistema é "paradigma da precariedade laboral"
Un traballador da empresa contratada pola Xunta para rastrexar a COVID subliña a "improvisación" coa que o servizo está a adaptarse ao incremento de casos, "contratando ao tolo" e "sen apenas formación". Afirma que, en vésperas do Nadal, a compañía ofreceu "vinte euros" como incentivo para que o persoal captase "amigos, coñecidos" que participasen nunha formación en liña e poder incorporalos
- Datos Coronavirus
- Acontece
A fin de ano da COVID: máis test, casos e presión na Atención Primaria ca nunca coa vacina a frear ingresos e mortes
O alto número de casos activos, que supera os 36.000, acrecenta a carga sobre a Atención Primaria para consultas, seguimento e trámites como baixas laborais. Este 28 de decembro rematou con senllas cifras récord de PCR realizadas (case 15.000) e casos novos detectados (case 5.000) en Galicia. As actuais cifras de hospitalizacións son semellantes ao pico de ingresos do pasado verán, cando a incidencia a 14 días roldaba a metade da actual
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A vacinación contra a COVID completa o seu primeiro ano reducindo os efectos da pandemia e con escaso rexeitamento
O 27 de decembro de 2020 Nieves Cabo converteuse nunha residencia da Compostela na primeira persoa protexida en Galicia. Hoxe o 94% da poboación galega está inmunizada mentres se avanza na aplicación das doses de reforzo e na protección das crianzas de 5 a 11 anos. As vacinas están a limitar ao mínimo as mortes e hospitalizacións a pesar da presenza da variante ómicron, moito máis contaxiosa.
COVID-19, xestión do goberno galego e atención primaria
Ramón Veras Castro
Vai moito frío en Penalonga
Xosé Antón Jardón
O BNG insta á Xunta a exercer as competencias en vivenda para deter o desaloxo de 50 familias de Narón, Ares e Burela
Trátase de tres inmobles propiedade da Sareb, o 'banco malo' no que o Estado ten unha participación do 45%, que comunicou as persoas inquilinas que debían abandonar os seus pisos, a pesar de que estaban a pagar o alugueiro con regularidade. O Goberno galego traslada a responsabilidade ao Executivo central.
A empresa contratada pola Xunta para rastrexar a COVID busca a incorporación "urxente" de cen persoas pola "alta incidencia"
Abai Group, que gañou o concurso para o rastrexo de contactos por presentar a oferta máis barata, ofrece cen vacantes para cubrir quendas de fin de semana por uns 400 euros brutos mensuais e un contrato dun mes con "posible" ampliación
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta pide aval xudicial para vetar encontros de non conviventes tras o peche dos pubs, aos que limita horarios
Bares e restaurantes terán que pechar ás 12 da noite agás venres e sábado, que poderán facelo á 1, e o Goberno galego volve prohibir o consumo nas barras. Pubs e discotecas terán o peche ás 3, hora á que se aplicaría o que a Xunta denomina "toque de non queda". O Sergas rexistra máis de 3.000 casos novos da COVID en vinte e catro horas mentres as cifras de ingresos seguen contidas pero medra a presión sobre a Atención Primaria e o rastrexo
A Xunta admite forte presión nos centros de saúde e prevé validar positivos COVID con test feitos na casa
Sanidade contempla dar por bos os positivos con test de antíxeno adquiridos e feitos polo propio paciente e, sen necesidade de PCR de confirmación, validar o caso e iniciar trámites como a baixa laboral. Comesaña afirma que tamén prevén "descargar noutros profesionais" que non sexa o persoal médico de familia a xestión das baixas laborais mediante un sistema "automatizado" e "centralizado"
O persoal sanitario pide o apoio da cidadanía ante a "situación crítica" que sofre en hospitais e Atención Primaria
Están convocadas mobilizacións en Lugo e A Coruña que alertan da "sobrecarga" de traballo e da precariedade laboral que leva a unha asistencia máis deficiente aos pacientes. "Os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso precisan a túa axuda", reclaman
- Datos Coronavirus
- Acontece
Noiteboa foi o día con máis PCR procesadas no Sergas dende o comezo da pandemia
Este 24 de decembro o Sergas procesou case 14.000 probas PCR e a súa positividade media a sete días rolda o 15%. Contando todos os tipos de test, na última semana foron realizados en Galicia máis de 140.000