Ortigueira recupera dous séculos despois o pergamiño de Afonso X que a converteu en vila
O Privilexio Rodado, de 1255, estaba en mans da Fundación Camilo José Cela e volve á localidade da que fora trasladado no século XIX. O documento outorgara o Foro Benavente ao municipio e foi entregado xunto coa Confirmación de Enrique III de Castela, de 1405.