Acontece
Abrente Laico alerta dunha "ofensiva reaccionaria" para "blindar privilexios e reverter dereitos"
O colectivo galego, de recente creación, traballa pola consolidación dun Estado laico "como ferramenta para garantir a convivencia e a igualdade entre os cidadáns". Este luns 18 organiza un encontro público en Vigo co título de Laicismo e democracia, no que intervirá José Antonio Naz, presidente de Europa Laica.
Os xefes de Urxencias denuncian graves eivas e o Sergas négaas todas
Os coordinadores de dez destes servizos hospitalarios en Galicia acusan nun duro comunicado á Consellería de "bloquear" a contratación de profesionais e lamentan falta de persoal, carencias informáticas e "discriminación" fronte a outros profesionais. Sanidade responde negando as denuncias e reivindicando o seu labor.
A Audiencia da Coruña non revisará a absolución do cargo de Adif por Angrois como pedían vítimas
O tribunal, nunha providencia de dous folios emitida dez días despois de recibir os recursos, nin sequera os admite a trámite porque di que volven "sobre temas xa tratados e resoltos"
Alsa vai competir con Renfe en Galicia... nos trens turísticos da Ribeira Sacra
Competencia autoriza a iniciativa porque "os servizos turísticos de Alsa e os servizos turísticos de Renfe non compiten entre si porque os de Alsa circulan con trens históricos e só operan durante o verán"
- Datos
- Acontece
Un país na ITV: os coches de máis de 15 anos son maioría en case todos os concellos
O 57% dos turismos matriculados en Galicia teñen xa máis de 15 anos, unha porcentaxe de que non deixou de medrar nos últimos anos e que en 2015 era tan só do 35%. O número de coches rexistrados no país non deixa de medrar, pero baixa nas sete cidades: 7.500 turismos menos dende o 2021.
Tres de cada dez incendios en Galicia comezaron de noite durante 2025
Os datos completos dos fogos do pasado ano, logrados e liberados por Praza, acreditan que un terzo dos rexistrados en agosto iniciáronse tras caer o sol. Expertos advirten de que o pasado verán, "por primeira vez", focos secundarios prenderon de noite malia teren condicións menos propicias. Brigadistas aseguran que, durante esas horas, "todos son intencionados": "Pero hai que diferenciar cal é a intención".
O mexo máis rápido do oeste
Antonio Gregorio
Pepiño de Teis: O estratega que ocupou a realidade
Gonzalo Amoedo López
O sistema educativo galego, con "limitacións estruturais" para combater a exclusión social
A Fundación Trébol e IGAXES alertan nun informe de "disfuncións estruturais que teñen que ver coa fragmentación institucional, coa falta de estabilidade, coa carga burocrática excesiva e cunha concepción restritiva do que se entende por éxito educativo"
O'Mega suspende a folga médica tras pactar co Sergas "un cambio estrutural nas relacións laborais"
O acordo supón a volta das peonadas, recoñece a singularidade do persoal médico e abre un ámbito de negociación propio. Inclúe a xornada de 35 horas semanais, mellorar o descansos tras as gardas e incrementos retributivos nas horas extras e en complementos, tamén para os MIR.
Os nosos veciños
Sofía Ruvira