Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra as cifras de novos casos da COVID máis baixas en sete meses entre sinais de freo do descenso
O Sergas suma 152 e na última semana rexistra unha media duns 130 diagnósticos diarios por PCR. 438 dos 1.099 casos rexistrados na primeira semana de marzo son da área sanitaria da Coruña-Cee. Na cidade da Coruña o estancamento no descenso da incidencia chega cando aínda non dera baixado dos 200 casos por cada cen mil habitantes; a tendencia descendente máis pronunciada rexístrase agora en Lugo
SOS, castelo de Navia!
Toño Núñez
O feminismo galego manifestouse de maneira exemplar no 8M máis seguro
As manifestacións convocadas pola plataforma Galegas 8M, ao igual que as organizadas polos sindicatos, marcharon polas rúas en columnas e mantendo en todo momento distancia entre as participantes, que renovaron a mobilización feminista nunha xornada que fixo visible o invisible.
Pingas
Craig Patterson
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra a xornada con menos casos da COVID dende agosto, pero con tantas hospitalizacións como en Reis
Os 88 novos casos que o Sergas suma este luns son a menor cifra en vinte e catro horas dende o 10 de agosto, cando as PCR procesadas eran moitas menos. As persoas ingresadas con test positivo da COVID son 16 máis que o día previo, pero 138 menos que unha semana antes
8M | O feminismo galego sae á rúa para lembrar que o traballo das mulleres é esencial
Este luns 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, o movemento feminista volve levar a cabo unha folga laboral, de coidados, de consumo e estudantil, acompañada por mobilizacións convocadas por sindicatos e plataformas feministas e que se desenvolverán ao longo de todo o día, coas máximas medidas de seguridade
A folga de traballadoras que conseguiu o reforzo de persoal de limpeza no Álvaro Cunqueiro en plena pandemia
"Os que dirixen o sistema non recoñecen a nosa importancia", destaca Elena Fernández, representante da CIG no Comité de Empresa, que relata a situación vivida nos últimos meses no hospital vigués, onde a presión do persoal obrigou á concesionaria a contratar a 14 traballadoras máis e a facer fixas a outras dez
"É moi duro ver un doente na UCI; se a xente o vise, si que se decidirían a cumprir as normas de prevención"
Falamos con Vanesa Varela, auxiliar de enfermería que durante os últimos meses traballou no servizo de Urxencias do CHUAC da Coruña. Reclama reforzo de persoal e máis medios e subliña as duras condicións vividas polo persoal sanitario, especialmente durante o mes de xaneiro
"O traballo de axuda no fogar roza a escravitude, estamos moi queimadas"
Un dos sector máis feminizados e precarizados é o dos coidados a persoas maiores e dependentes. Falamos con Maru Calderón, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar de Brión, que describe as súas condicións de traballo e como se viron afectadas pola pandemia
Temos um problema
Élia Lago
O feminismo galego chama a visibilizar a protesta nas rúas: "o peso desta crise volveu recaer en nós"
Este luns 8 de marzo levaranse a cabo máis 30 mobilizacións en cidades e vilas, convocadas por Galegas 8M, concentracións e marchas con distanciamento social e que extremarán as medidas de seguridade ante a COVID. "Non imos asumir que se nos culpabilice socialmente por reivindicar os nosos dereitos", di a plataforma