Xunta e Deputación de Lugo lanzan bonos de desconto para fomentar as compras no pequeno comercio
Dende este luns poden descargarse os cupóns de 30 euros de desconto do programa Bono Activa Comercio, posto en marcha polo Goberno galego. Ademais, o ente provincial lucense abre o prazo para que os establecementos se adhiran aos Bonos Impulso, que ofrecerán 17.000 descontos de 30 euros á cidadanía.