Sanidade retoma a vacinación de persoal esencial que quedara pendente
Entidades atinxidas din que Política Social anunciou que se retomaba a vacinación de persoal esencial como colectivo prioritario ao haber atrancos para incluílos nas listas por idades. Sanidade nega atrancos e resalta que se "está a compaxinar a vacinación por idade coa dos colectivos priorizados, que se vacinan independentemente da súa idade"