Os contaxios de coronavirus seguen a medrar en Pontevedra e Salnés no día con máis probas PCR dende o inicio da pandemia
No último día realizáronse case seis mil tests PCR en Galicia, o dato máis elevado ata o momento. O Sergas comunica 248 novos casos nas últimas 24 horas, mantendo a tendencia estable da última semana, agás na área sanitaria pontevedresa, que duplicou as súas infeccións en 13 días.