Investigadores de Vigo proban con éxito o litio para tratar a Covid-19 en casos graves: "Diminúe a inflamación e potencia o sistema inmune"
A revista especializada Frontiers in Pharmacology vén de publicar os resultados dos primeiros seis pacientes de Covid-19 tratados con litio no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde o equipo ao que pertence o investigador Carlos Spuch leva unha ducia de persoas con síntomas moi graves de coronavirus que superaron a enfermidade grazas a este fármaco que normalmente se usa en psiquiatría.